"saudade de dolor"

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón
e eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor
Soio sei que me fixo un mal tan fondo
que tanto me atormentou
que eu día e noite sen cesar choraba
cal chorou Madalena na Paixón.
“Señor, que todo o podedes-pedínlle unha vez a Dios-,
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición”.
E deumo Dios, e arrinqueino
mais…¿quen pensara…? Despois
xa non sentín máis tormentos
nin souben que era delor;
souben só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena…¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o espírito
¡quen o entenderá, Señor…!

Rosalia de Castro.
"Follas novas"

No hay comentarios: