follas novas

¡Follas novas!, risa dáme,
ese nome que levás,
cal sin a unha moura ben moura,
branca lle oíse chamar.

non Follas novas; ramallo
de toxos e silvas sós;
irtas, como as miñas penas;
feras, como a miña dor.

sin olido nin frescura,
bravas mágoas e ferís...
¡Se na gándara brotades,
como non serés así!

Follas Novas. Rosalia de Castro

No hay comentarios: